Cando penso na Wikipedia, lembro aquela famosa historia sobre a Oficina de Patentes dos EUA, acontecida a finais de século.

Srikeit & Noopur

Nunha campaña para reducir os custos, os responsables suxeriron o peche da oficina de patentes. Semellaba que calquera posible invento fora creado e patentado.

Todos sabemos como rematou!

Hoxe, a xente ve os 22 millóns de artigos da Wikipedia e pensa que xa se escribiu sobre todo. Mais iso non é certo. Aínda queda moito traballo por facer.

Son Srikeit e a miña amiga é Noopur. Somos membros da meirande xeración de xente nova do mundo. De feito, máis da metade dos 1.200 millóns de persoas da India é menor de 25 anos. A nosa xeración benefíciase dunha mellor educación, dunhas maiores taxas de alfabetización e dun fácil acceso á internet. O mundo está cambiando e nós axudamos a cambialo. Pero aínda temos moito que lograr.

A través deste incrible proxecto que é a Wikipedia podemos levar o coñecemento mundial á India. E podemos levar o coñecemento da India ao mundo.

Por favor, doa aquela cantidade que poidas para axudar ao crecemento da Wikipedia. Temos moito que facer.