Template:Appeal/default/gl

Revision as of 21:28, 28 February 2019 by Pcoombe (talk | contribs) (Pcoombe moved page Template:2011FR/Appeal-default/text/gl to Template:Appeal/default/gl: new location for appeals)

Un chamamento do fundador da Wikipedia, Jimmy Wales.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.

Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

Se todas as persoas que len isto doasen $5, a recadación só duraría un día. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar.

Este ano, considera facer unha doazón de $5, $20, $50 ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia