Template:Appeal/Alan/gl

Revision as of 18:57, 28 February 2019 by Pcoombe (talk | contribs) (Pcoombe moved page Template:2011FR/Appeal-Alan/text/gl to Template:Appeal/Alan/gl: New location for appeals)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

De Alan Sohn, editor da Wikipedia

Na Wikipedia creei 2.463 artigos. Todos eles de balde.

Son un consultor de sistemas e traballo con sistemas informáticos financeiros a grande escala. Se o tempo que dedico á Wikipedia se convertese en cartos, tería gañados centos de miles de dólares.

Pero aquí o diñeiro non é o incentivo. Intercambias unha moeda diferente na Wikipedia. Eu e miles doutros editores crean e achegan felizmente a información recollida neste sitio. Todos nós sabemos que o mundo é mellor porque esa información está dispoñible de xeito libre.

Por suposto, a infraestrutura que mantén esa información libre non é gratuíta, e este é o motivo polo que unha vez ao ano pedimos doazóns. Non hai publicidade na Wikipedia, non hai ningunha mensaxe intermitente, non hai nada a un lado da páxina, non intentamos venderte nada. A Wikipedia está libre de transaccións comerciais.

Só necesitamos o teu apoio con 5 dólares, 10 euros, 1000 iens ou aquela cantidade que poidas dar para manter esta información dispoñible para ti e para todos.

A infraestrutura que mantén o noso traballo, albergado pola Fundación Wikimedia, sen fins de lucro, é tan simple como parece. Google ten preto dun millón de servidores. Yahoo está ao redor dos 13.000 empregados. Nós contamos con 679 servidores e 95 empregados.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada, e dá servizo a 470 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

No modo en que está construída a economía, asumimos que a xente só traballa por cartos. Que outra cousa se pode facer para conseguir que alguén vaia traballar sen cobrar?

Na Wikipedia, a vontade de cooperar e mellorar o coñecemento empregouse para crear un recurso de valor incalculable. A cultura non pertence ao mellor ofertante. Ti obtés información obxectiva e precisa. Organizada dun xeito ben documentado, ben referenciado, actualizado e no momento que a queiras ou necesites.

Todo isto semella unha ganga tremenda para min.

Grazas,

Alan Sohn
Editor da Wikipedia